As letras máis eu - Iraida Llucià i Bagüés & Alicia Bailey Garrido

As letras máis eu

Por Iraida Llucià i Bagüés & Alicia Bailey Garrido

  • Fecha de lanzamiento: 2014-06-30
  • Género: Familia y relaciones sociales

Descripción

Este é un conto ilustrado para entender que é a dislexia, explicado a través dos sentimentos dunha nena que, por moito que se esforza, non aprende as letras como os seus compañeiros. Inclúe son para facilitar a lectura do neno, e orientacións para pais e educadores. Tamén está indicado para logopedistas, psicopedagogos, psicólogos e mestres.

Nas primeiras etapas educativas, as dificultades de aprendizaxe poden chegar a ser desacougantes e desconcertantes para os nenos que as sofren, para os pais e os educadores. As autoras deste conto -a nai dunha nena con dislexia e unha logopedista- queren achegar a través do relato as súas vivencias e coñecementos para deste xeito axudar aos nenos con dislexia e ás súas familias.

Esta é a primeira publicación de Sandia Publishing, unha nova editorial dixital especializada nas dificultades da aprendizaxe. Podedes atopar máis información en:

http://sandiabooks.com