A Señorita Bubble - Ledicia Costas & Andrés Meixide

A Señorita Bubble

Por Ledicia Costas & Andrés Meixide

  • Fecha de lanzamiento: 2017-09-07
  • Género: Intermediate Reading for Kids

Descripción

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.